Serramoura T1 E01: Homicidio

Homicidio de Serramoura
(2839)
Título Homicidio
Episodio N.º 1
Temporada 1
Fecha de Estreno
Duración 0 min

Sinopsis

A aparente tranquilidade de Serramoura se ve truncada o día que Mónica Triáns, unha rapaza de 25 anos, aparece asasinada no medio do monte. Para Marga non se trata dunha vítima sen máis, xa que Mónica era unha das súas mellores amigas e, ignorando os consellos do seu superior, involúcrase no caso. O corpo sen vida estaba nunha parcela de monte propiedade de Evaristo Fiúza, dono de toda a vila menos do serradoiro, propiedade da familia Soutelo. Sabedor das débedas que causa e aproveitando que Xulián Soutelo está no seu leito de morte, Evaristo coaccionará o seu fillo, Gonzalo, para que asine os documentos de venda do serradoiro, o seu máis prezado obxecto de desexo. Mentres, a morte de Mónica, que traballaba na única taberna de Serramoura, comeza a ter repercusión entre os veciños. O seu asasinato conmociona toda a vila e pona patas arriba na procura dun culpable. Nunha primeira instancia, a investigación céntrase en Román Fiuza, ex-mozo de Mónica e fillo de Evaristo, que axiña consegue unha sólida coartada para el. O móbil da vítima, atopado na escena do crime, revela que antes de ser asasinada recibiu mensaxes ameazantes de Pancho, marido de Raquel, a irmá de Marga, e todo apunta a que é culpable. Todo parece claro, pero os protagonistas están convencidos de que Pancho non é o auténtico culpable. Xogando os seus postos dentro do Corpo, Marga e Diego investígano extraoficialmente. Tras comprobar o pasado de Mónica Triáns descobren algo sorprendente: leva 30 anos morta. A súa documentación era unha falsificación e estaba usando unha identidade falsa. Quen era Mónica realmente? Quen a matou?

Capítulos de la Temporada

Displonible en:

Capítulo disponible en las siguientes plataformas:

Logo de comparandonos.com
Subir