Libro de Familia T1 E01: Santalla non vén no mapa

Santalla non vén no mapa de Libro de Familia
(2792)
Título Santalla non vén no mapa
Episodio N.º 1
Temporada 1
Fecha de Estreno
Duración min

Sinopsis

Os labregos de Santalla, animados por Manuel Cabanas, deciden formar unha cooperativa para que o cacique, don Román, deixe de se-lo intermediario na venda de leite e conseguir así un prezo xusto. Pero as cousas non se presentan fáciles para Manuel, que non dubidará en loitar por defende-lo seu. O boticario Telmo, logo de que Laura, a muller do cacique, rompera a relación que mantiñan en secreto, vende a casa onde se vían as agachadas. A decisión do boticario xera todo tipo de comentarios e moita curiosidade pola identidade do comprador. O misterioso comprador é Freire, un emigrante que pasou máis de trinta anos en Venezuela. O regreso de Freire alporiza a don Román, co que ten contas pendentes do pasado. O cacique xura non parar ata ver a Freire de novo lonxe de Santalla. María, a filla de Manuel Cabanas, quere ser mestra e Laura ofrécese a darlle clases gratuitas na súa casa, levándolle a contraria ó seu home e a Marcos, o fillo de ambos. Mentres, Pablo, o fillo de Manuel, e a súa amiga, Rosamari, descubren que Santalla non aparece nos mapas e deciden solucionalo á súa maneira.

Capítulos de la Temporada

Escena del episodio 2 de la temporada 1 de la serie Libro de Familia Episodio 2
  • Fecha estreno: 2005-02-20
  • Valoración: 4.7
  • Duración: 0 min

Os labregos, con Manuel Cabanas ó fronte, conseguen forma-la cooperativa, pero don Román déixaos sen transporte. Freire, que se adica ó contrabando de tabaco, ve no transporte de leite un xeito de protexe-la súa actividade sen levantar sospeitas. ...

Displonible en:

Capítulo disponible en las siguientes plataformas:

Logo de comparandonos.com
Subir